Bergondo declara o 2024 como 'Ano de Xan Vicente Viqueira'

Bergondo declara o 2024 como 'Ano de Xan Vicente Viqueira'
Imaxe de arquivo dunha das homenaxes a Viqueira o cemiterio de Ouces | AEC

“A í che vai, Viqueira. É o único que podo facer por tí, Xoán Vicente”. Quen pronuncia estas verbas lanza sobre el féretro un obxecto metálico ¿Un anel, unha moeda ou un crucifixo? Din que o último adeus a Xoán Vicente Viqueira, en A Lagoa, marcou para sempre a quen asistiu e aquel silencio, rachado pola expresión imprecisa dun descoñecido, e calou na memoria dos veciños e veciñas que abarrataron o cemiteiro de Ouces. 

 

O Concello de Bergondo emitiu unha declaración institucional, asinada por toda a corporación, para homenaxear a Xoán Vicente Viqueira, Florencio Vaamonde Lores, Filomena Dato e Alejandro Pérez Lugin, autores e autoras relacionados con Bergondo.

 

Así, declárase o 2024 como 'Ano de Xoán Vicente Viqueira', cando se cumpren 100 anos do seu falecemento, concretamente o 29 de agosto de 1924. O intelectual, residente na Quinta Cortón de San Vitorio, na parroquia de Vixoi, foi un recoñecido e destacado personaxe da súa época, que centrou as súas investigacións no pensamento filosófico e no progreso da educación en Galicia. 

 

A súa ampla obra versa sobre a filosofía, psicoloxía ou pedagoxía, pero sobre todo sobre o sistema educativo, defendendo a súa galeguización, a súa reforma e a plena incorporación da muller.

 

Ademais, declárase o 2025 como 'Ano de Florencio Vaamonde Lores' e o 2026 como o 'Filomena Dato Muruais e Alejandro Pérez Lugin'. O obxectivo desta decisión é pór en valor a estes autores e autoras, difundindo a súa obra e legado mediante actos e actividades aínda por definir, implicando á comunidade educativa do concello, asociacións culturais locais, comarcais ou de calquera outra índole que poidan estar interesadas en participar nestas homenaxes a catro personalidades que marcaron, dunha maneira ou de outra, a historia de Galicia.

Bergondo declara o 2024 como 'Ano de Xan Vicente Viqueira'

Te puede interesar